Fotocromo

Fotocromo da Rúa Mulberry de Nova York coa coloración característica do proceso.
Fotocromo do Castelo de Neuschwanstein.

O fotocromo é unha técnica de coloreo que combina fotografía en branco e negro e litografía en cor. Tamén pode referirse ás primeiras postais realizadas a cor en Estados Unidos.

O fotocromo emprégase para crear unha impresión en cor a partir dun negativo dunha fotografía en branco e negro, usando entre catro e catorce placas litográficas, feitas de substancias rochosas, para colorear a pintura con diferentes tinguiduras.

A técnica desenvolveuse en Zúric, e foi popularizada pola Detroit Photographic Company. Cando o Congreso dos Estados Unidos autorizou as postais dun penique, imprimíronse miles de fotocromos de cidades e paisaxes. Por iso o termo fotocromo quedou asociado ao aspecto daquelas postais.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search